O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, o Xesus López, salientou este venres que os orzamentos para 2009 permitirán seguir desenvolvendo as dúas liñas de actuación nas que sustenta a xestión das súas áreas. O nacionalista subliñou que posibilitarán apostar pola "política cultural de base, feita para a cidadanía viguesa polos propios vigueses e viguesas", e achegar a Vigo "grandes espectáculos de prestixio internacional".
Xesus Lóopez explicou que os orzamentos crecen un 10,07 por cento respecto aos do 2008, ao chegar aos 8.570.293 euros. O concelleiro nacionalista salientou especialmente o incremento de dúas partidas, como son as destinadas ao Arquivo Pacheco e ás Festas de Vigo. En canto ao Arquivo Pacheco destacou que a súa revitalización "é un dos elementos fundamentais que estamos a traballar no departamento de Cultura", polo que contará cun orzamento de 170.000 euros, cifra que representa un incremento do 183 por cento. Ao respecto lembrou que ata o ano pasado este arquivo contaba cun orzamento de 60.000 euros, polo que coa suba se pretende mellorar o seu funcionamento diario, reforzando as labores de conservación iniciadas hai meses, así como potenciar o traballo dos investigadores no propio arquivo e desenvolver labores de difusión coa organización de exposicións.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|