O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, cifrou este xoves en 600 os postos de traballo xerados grazas a acción directa do Plan Municipal de Emprego, mediante contratos do Concello e de empresas privadas. O socialista fixo hoxe un "balance positivo" da xestión do seu departamento na creación de emprego, que beneficiou principalmente a mulleres con dificultades de inserción laboral, e subliñou a capacidade de consecución de recursos económicos externos ao Concello para o traballo. Sumados aos 2,4 millóns de euros de orzamento municipal, a Concellería que dirixe Santos Héctor acadou 7,5 millóns máis este ano para loitar contra o desemprego e 5 millóns máis para actuacións en Teis, que repercutirá na actividade económica e tamén na xeración de postos de traballo.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|