O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibíu esta mañá ás SS. MM. os Reis Magos nunha festa infantil que comezou ás 11 horas na Praza do Rei. Tras saudar aos Reis Magos, o tenente de alcalde expresou os seus desexos para este 2009, sobre todo para que as Súas Maxestades "teñan moita consideración coas persoas ás que lles está afectando a crise". Os Reis Magos percorreran o luns 5 de xaneiro, a partir das 18.30h, as rúas Venezuela, Camelias, Alvaro Cunqueiro e praza de América.
"Dende a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura quixemos crear espazos para que os nenos e nenas de Vigo poideran contactar directamente coas Súas Maxestades", salientou Santi Domínguez tras darlles a benvida. Ademais, o tenente de alcalde explicou que aos Reis Magos lles manifestou a súa alegría por telos "novamente na cidade". No tocante aos seus desexos para este ano recén estreado, o nacionalista pediu que a cidade "siga avanzando" e tivo palabras adicadas ás persoas máis afectadas pola crise, para que os Reis Magos "teñan moita consideración" con elas.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|