Por primeira vez na cidade, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, ofreceu hoxe unha homenaxe aos traballadores e traballadoras que están facendo posible a transformación do Casco Vello de Vigo. "A razón de ser dun representante político é elevar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e a razón de ser non pode ser outra que os traballadores e traballadoras se sintan partícipes da transformación que queremos facer", explicou na súa intervención. Destacou que dende Tenencia de Alcaldía reitera que o seu obxectivio é traballar para a xente, "que é o que vós facedes nas horas adicadas a reconquistar o Casco Vello". Santi Domínguez indicou que os responsables políticos plantean proxectos e iniciativas, "pero non seriamos nada sen os traballadores e traballadoras", recoñeceu. Neste sentido lembrou que precisamente Vigo medrou grazas a eles, polo que a cidade "ten que ser a cidade da calidade de vida dos traballadores e traballadoras". Segundo o tenente de alcalde, en tempos de crise "o menos que podemos facer é agradecervos o voso traballo".
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|