O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres dos novos trazados aprobados polo goberno local para os aparcadoiros soterrados de Areal e Rosalía, afetados por restos arqueolóxicos atopados na zona, e que inician os seus traballos de construcción. Segundo indicou Caballero, o soterrado de Areal xa comezou cos traballos iniciais de cosntrucción e en Rosalía de Castro agardarase ata despois das festas de Nadal para comezalas obras. Despois da aprobación dos novos trazados, ambos contan con "luz verde" para levalos adiante. O alcalde afirmou que o aparcadoiro de Areal estará remata sobre marzo de 2011, e a modificación reduxo as súas prazas das 545 previstas ata as 333 definitivas. Esta infraestrutura conlevará a humanización en superficie da rúa, entre Colón ata Oporto aproximadamente, o que entroncará coa mellora que realizará o Concello ata o nó de Isaac Peral e a nova zona verde e espazos deportivos proxectados para o entorno.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|