Do 24 de outubro ó 4 de xaneiro poderase visitar no espazo anexo do Marco unha proposta de Suso Fandiño que parte dun dos símbolos da cidade como é a fábrica que PSA Peugeot Citroën posúe en Vigo.
Na súa proposta para o Espazo Anexo do MARCO, Suso Fandiño ( Santiago
de Compostela, 1971) traballa a partir do contexto próximo da cidade de Vigo, e dos elementos que os cidadáns identifican co seu ámbito. A fábrica que PSA Peugeot Citroën posúe en Vigo é, sen dúbida, un deses símbolos sen os cales non se entende a cidade. A partir de aquí, Fandiño desenvolve un proxecto baseado na marca Citroën e no modelo C4 Picasso. Un proxecto que se relaciona coa liña apropiacionista que caracteriza o seu traballo, á que el se refire como ‘revisionista’ ou ‘transfiguracionista’, neste caso baseándose na linguaxe e na imaxe dunha sinatura.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|