O alcalde, Abel Caballero, anunciou hoxe martes que a empresa Conycase, concesionaria dos tres aparcadoiros, non pagou a débeda que ten contraída co Concello, por valor de case 500.000 euros, co que inicia os trámites do rescate e do pago da débeda.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes o inicio do proceso administrativo do rescate da concesión dos aparcadoiros xestionados por Conycase, os da Praza Fernando el Católico, Venezuela e Coruña, pois non teñen satisfeito os 487.306 euros de débeda ás arcas municipais.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|