Abel Caballero explicou hoxe venres a proposta municipal para o financiamento da nova depuradora, na que o Concello pagaría 8,8 millóns de euros, unha cantidade que atende ás competencias municipais de pago dos terreos. Segundo sinalou, a Xunta pide que o Concello pague 10 millóns de euros máis, asumindo parte das obrigas do goberno autonómico. "Vigo esixe que se lle trate exactamente igual que ao resto de concellos de Galicia", aseverou, que como máximo pagaron polos terreos. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe venres da proposta municipal "extraordinariamente xenerosa" para o financiamento da construcción da nova depuradora, que contempla o pago de 8,8 millóns de euros en concepto de cesión dos terreos. O rexedor recordou que esta opción responde ao cumprimento das competencias municipais, en relación directa coa aportación do resto das principais cidades galegas nas súas depuradoras. Segundo indicou Caballero, a aportación dos outros concellos galegos limitouse -no mellor dos casos- á cesión dos terreos para a súa construcción, o mesmo que propón o municipio olívico. "Vigo esixe que se lle trate exactamente igual que ao resto de concellos de Galicia" polo que a proposta de Vigo responde a este criterio competencial, afirmou.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|