Abel Caballero acudiu este xoves ao centro escolar Javier Sensat, en Alcabre, onde reiterou o seu compromiso de conceder todas as bolsas de comedor aos escolares que o precisen. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que os orzamentos municipais para 2010 contemplan unha partida de 1,25 millóns de euros para atender todas as solicitudes de bolsas de comedor dos escolares vigueses. Segundo informou o rexedor local, as previsións indicaban un gasto de 425.000 euros para cubrir a demanda destas bolsas escolares e ata o momento o Concello xa investiu 750.000 euros neste fin. Ante o previsible aumento da demanda pola crise económica actual, o alcalde anunciou o incremento desta partida para o vindeiro exercizo. En paralelo, e a pesares de ser competencia da Xunta de Galicia, o alcalde anunciou que o Concello xa está a executar as reformas precisas nos comedores saturados, obras de ampliación para que ningún escolar quede fóra destas bolsas por falta de espazo nos seus colexios.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|