A Xunta de Goberno aprobou a memoria e prego de prescripcións técnicas para a mellora dos sistemas de seguridade e control dos accesos da Casa Consistorial do Concello , por un importe de 701.884,83 euros e un prazo de execución de 15 semanas. As actuacións previstas na memoria refírense á iluminación, acondicionamento dos accesos, sistemas de seguridade e climatización. Sobre a iluminación as obras contemplan a instalación dun sistema de iluminación perimetral de intensificación nas áreas administrativas da lonxa, no fronte dos postos de atención ao público, formada por liñas continuas de luminarias flurorescentes. Funcionarán de forma manual ou mediante control da luminosidade ambiente por fotocédula; instalación dun sistema de alumeado de emerxencia; mellora da iluminación nos accesos a lonxa da Casa Consistorial dende o exterior e o acceso ao edificio dende a lonxa. Tamén se instalarán novas luminarias en todos os pasillos indicados de acceso aos ascensores Sobre o acondicionamento dos accesos realizarase unha montaxe de novo cerramento acristalado máis eficiente e seguro para o acceso dende a Praza do Rei, formado por unha porta xiratoria amplia e automática, portas antipánico nas partes laterais, e tramos fixos ate completar o frente do acceso actual. Os vidros levarán adheridas láminas de vinilo coa identidade corporativa do Concello de Vigo. Contempla tamén novas portas no plano interior da lonxa, de madeira nos laterias e falso teito modular. Os sistemas de seguridade incluirá a vixilancia electrónica mediante un circuíto pechado de televisión no perímetro do edificio e no interior do mesmo nos lugares comúns de acceso as distintas plantas; arco detector de metais para persoas e un escáner de raios X para inspección de paquetes e bultos; separarase a zona de entrada e saída no acceso ao edificio mediante postes separadores de aceiro inox con cita retráctil. No tocante á climatización reformarase o sistema de climatización da lonxa e das oficinas que existen no seu perímetro. Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|