María Méndez explicou que De Boa Man é froito da colaboración entre a Concellería de Benestar Social e diversas entidades sociais que traballan no campo da discapacidade, como Alento, Apamp, Aspanaex, Aspavi, Cogami, Doa, Menela e San Rafael. Asemade, lembrou que na carpa estas entidades venden os produtos que realizan ao longo do ano, polo que darlle continuidade a esta iniciativa "redundaría na integración laboral das persoas con discapacidade". Segundo a concelleira de Benestar Social, é preciso afondar no obxectivo da integración, polo que felicitou á organización da campaña. No seu chamamento á colaboración dos vigueses e viguesas asegurou que a calidade está presente en todos os artigos de artesanía expostos para a súa venda, dende a cerámica, a madeira ou o coiro, ata os xoguetes, os cadros e a bisutería.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|