A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, afirmou este martes que a segunda edición do programa "Empatía", dirixida a toda a comunidade educativa dos centros de ensino secundario, busca promover a cultura da igualdade de oportunidades. A concelleira de Igualdade explicou que o programa ofrece distintos tipos de actividades impartidas por profesionais con especialidade neste eido. Deste xeito, ofrécense cursos de formación para o profesorado, especialmente dirixido aos titores e titoras. A duración será variable, con sesións de 4 a 12 horas, nas que se abordarán cuestións como o sexo, xénero e sexismo; escola mixta e escola co-educativa; educación afectiva e sexual; violencia na escola e recursos para o traballo na aula. "Empatía" tamén inclúe sesións de traballo con pais, nais e persoas que posúan a tutela dos menores, co obxectivo de que proporcionarlles ferramentas para abordar o problema da desigualdade. Cada sesión terá unha duración de 2 horas, nas que se abordará a desigualdade no ámbito privado, os modelos familiares, a expresión dos sentimentos e a sexualidade e os tempos de lecer.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|