O alcalde presidiu este xoves a "inauguración simbólica" da humanización da rúa Zaragoza, na zona de POVISA, cun investimento próximo aos 700.000 euros. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, encabezou este xoves a "inauguración simbólica" da rúa Zaragoza, un "cambio excepcional" coa "máxima calidade" que prioriza os peóns, mellora o tráfico e fortalecerá o comercio. A humanización de Zaragoza tivo un custo de case 700.000 euros nun "núcleo clave" da cidade, o entorno de POVISA, que estase a converter nun "novo centro". Esta é "unha nova forma de facer cidade", máis "amable", que está a conseguir que a cidadanía tome as rúas, indicou Abel Caballero. O alcalde salientou que este proceso de humanizacións continua e reseñou que as melloras teñen "data de inicio e de finalización" que estanse a cumprir. Caballero agradeceu asemade a paciencia dos veciños durante os meses de duración das obras. Copenhague
O alcalde de Vigo, quen representa aos municipios españois desde a presidencia da Rede Española de Cidades polo Clima, indicou que na próxima conferencia contra o cambio climático que celebrarase en decembro en Copenhague -chamada a selar os acordos internacionais posKioto- levará o modelo de humanizacións vigués nunha ponencia dentro da delegación española. Abel Caballero explicou que as humanizacións son un modelo sostible, que prioriza o uso das rúas polos peóns, e reordena o tráfico para reducir as emisións de CO2.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|