Abel Caballero continuou este martes co Clúster do Naval os encontros que está a manter cos sectores estratéxicos de Vigo; unhas mesas coas que o alcalde adopta unha postura activa como "elemento vinculante" entre os pilares da economía e o emprego vigués e os gobernos autonómico e estatal.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, se entrevistou este martes coa directiva de ACLUNAGA, a Asociación Clúster do Naval Galego, asentado fundamentalmente en Vigo, para coñecer as principais demandas do sector e trasladarllas á Xunta de Galicia e o Goberno de España. Segundo informou en rolda de prensa Abel Caballero, os representantes de ACLUNAGA lembraron que o sector conta cunha importante carteira de pedidos, que chega ata os anos 2012 ou 2014, se ben houbo no 2008 caída da demanda aínda que contan con plena ocupación.
Fuente: Ayuntamiento de Vigo
|